O local


O bar Pampín é un bar de sempre de Santiago. Aberto en 1982, no barrio de San Pedro de Compostela, o Pampín converteuse axiña nun “clásico” de Santiago, como punto de encontro dun barrio senlleiro, no que xuntarse para conversar ao redor dunhas cuncas, para tomar o caldo , un cocido , xogar ao dominó…

30 anos despois reabre o Pampín,  intentando conservar gran parte desa esencia; local de barrio, familiar… onde tomar un bo viño e sentarse a comer pratos “da casa” tradicionais, nun ambiente acolledor.

gran barra  que “preside” o Pampín co mellor pan, embutido e escabeches é a súa mellor declaración de intencións.