A cociña


 

A cociña do Pampín é unha cociña de barrio, aberta.  É unha cociña de culler, feita con tempo, cociñada con mimo “a lume baixiño”.

Na nosa carta facemos un percorrido polo mellor producto galego cunha cociña tradicional; escabeches, embutidos, guisos, pratos de caza…

Procuramos transmitir ese concepto de “casa”, tanto no ambiente como na cociña.

O produto é seleccionado co mesmo agarimo co que é cociñado, colaborando  de preto con produtores que teñan á mesma filosofía na continua procura da máxima calidade.

 

 

 

Alén Tarrío é o que se atopa ao mando dos fogóns do Pampín. Alén creceu arredor dos fogóns do negocio dos seus país : o  Mesón Tarrío López.

O recendo dos guisos á lume baixiño  espertou nel o interese da cociña como profesión. Así foi como comezou o seu percorrido  na escola Lamas de Abade de Santiago de Compostela.

Logo engadiría anos de formación en diferentes cociñas,  sendo a súa experiencia con Paco Morales unha das que máis lle influíu na súa carreira profesional e no modo de pensar e sentir a cociña.

Máis tarde viñeron anos de experiencia na terra como parte do equipo de Marcelo Tejedor (Casa Marcelo) e como xefe de cociña doutros restaurantes de Compostela.

No 2017 visualiza a idea de querer levar adiante un negocio propio que lle permita amosar o seu modo de entender a cociña . A intención é que  os demáis sintan comendo fóra que están “ na casa”. Así xurde a oportunidade de reabrir o antigo bar Pampín e comeza esta aventura.